O noso modo de vida actual esta caracterizado polo capitalismo, sistema no que existe ampla liberdade de mercado e depende enormemente do consumo.
Ademais, neste sistema, toda empresa ten un obxectivo en común, que é obter o máximo beneficio posible, a través duns costes de produción baixos, que se logran coas economías de escala. Para chegar a elas é necesario producir moito, o que implica que se precisa vender. De aí vén a relación entre o consumo e a produción, toda empresa precisa do seu consumidor, que se compre o seu produto.
Esta relación é algo complexa, debido a que para comprar, precísanse cartos, para que haxa cartos precisamos traballar, e o traballo depende da produción que sexa necesaria.
Todo este proceso é un bucle pechado no que non pode faltar ningún elemento, porque se así fose, romperíase o ciclo, é dicir; tería lugar unha crise.
Para axudar a previr estas situacións, no capitalismo existe o coñecido xogo da oferta e da demanda, polo que se guía todo empresario ao lanzar un produto e planificar a súa produción. Ademais, todo produto pasa por diferentes etapas coñecidas como : introdución no mercado, recuperación do capital invertido, auxe e declive. Pero ben é certo que todos estes procesos dependen do éxito e do consumo, de novo.
En síntese, o sistema económico actual depende da relación produción-consumismo e oferta-demanda que debemos de planificar para obter o máximo beneficio, obxectivo do capitalismo.