No modo de vida actual a produción e o consumo é a base da economía. Isto ven dado debido a que o mercado está regulado pola oferta-demanda, o que en moitas ocasións xera desempleo ou peche de empresas, por culpa da escasa demanda do produto producido.
Para solventar este problema é necesario que as empresas cheguen a acordos entre sí e decidan producir un número de produtos necesario, pero esto de poderá desencadear máis inconvintes, xa que unha vez acadado o tope esa fábrica para de producir e de novo os traballadores se ven afectados. Deste modo o estado debería subvencionar os produtos de consumo primario, como por exemplo o leite e que os gandeiros así poidan obter o máximo rendemento e o máximo beneficio polo seu produto; tamén debería ofrecer máis axuda os traballadores afectados polao desenvolvemento da oferta-demanda, cando son despedidos dos seus postos polos ERE,.
Cabe destacar que inda tomando medidas, a sociedade está totalmente atada ó consumismo, xa que o noso país é de carácter capitalista, e o que realmente importa é a xeración de capital e de beneficios.
En conclusión, na actualidade é prácticamente imposible escapar destas prácticas económicas, soamente se alguén produce así mesmo o que necesita, pero é prácticamente imposible.