A día de hoxe son cada vez máis as revistas, certames ou premios gastronómicos; impulsados pola nova tendencia a comer ben e dun xeito innovador.
O cosmopolitismo, a globalización e os medios de comunicación influiron de dous modos: no primeiro caso, tiveron unha importancia no referente a nutrición saudable e positiva para o noso corpo. O segundo modo foi na interrelación mundial de culturas que xerou a chegada de alimentos exóticos ó vello continente.
Non obstante, o inicio dos estudos culinarios a nivel formativo tamén xerou un gran desenvolvemento. Naceron así verdadeiros investigadores e creadores de pratos e técnicas como os trampantoxos ou as esferificacións; sendo cociñeiros como Arzak, Roca ou Montoro os que eleven a cociña española a primeira orde mundial pero sen desligarse da tradición.
Sen embargo, a pesar de ter un auxe con programas televisivos como Top Chef, Larpeiros, etc. non se debe falar de moda pasaxeira.
A innovación e a inclusión e retirada do uso dalgúns produtos é e foi habitual. Sen ir máis lonxe, a chegada da pataca destrou a castaña, ao igual ca o cacao... no tocante a súa elaboración cómpre decir que ao longo da historia se desenvolveu buscando un mellor sabor e un maior aporte calórico; por exemplo na prehistoria comezouse a cociñar a carne antes comida de xeito crú.
Polo tanto, a comida sempre estará de moda polo simple feito de ser unha necesidade básica.