O ser humano leva cociñando a súa comida dende que vivía nas covas. Hoxe en día unha corrente gastronómica do panorama actual sorpréndenos a todos. A nova cociña establece pratos minimalistas, de deseño, moi elaborados técnicamente pero que non logran acadar o fin ultimo da comida que é alimentar ao ser humano.
Esto ven dado por unha serie de cambios culturais que son : o cambio nas dietas do individuo, o sistema capitalista no que vivimos ou os medios de comunicación de masas.
Os cambios na dieta do ser humano deron paso a tendencias máis naturalistas que deixaban de lado as carnes e recibían con entusiasmo unha dieta vexetal e nova. Para lograr que o sabor e o gusto da carne e dos pescados fose algo tamén presente na dieta de vexetais precisouse dunha enorme investigación dos productos e das súas posibilidades.
O sistema capitalista no que vivimos busca o beneficio dos individuos en todos os ámbitos. Non iba ser menos na cociña. Os críticos gastronómicos son unha suposta "élite" que recorda aos críticos de arte posteriores ás segundas vangardas. Este críticos de arte conseguiron darlle un valor monetario á arte que non tiña ata o de entón logrando sumas millonarias a cambio de pequenos cadros. Coa cociña pasa algo similar, para elo emprégase o distintivo, por exemplo, da famosa Estrela Micheliín.
Os medios de comunicación tamén teñen certa responsabilidade nesto. Programas coma "Master Chef" ou "Top Chef" con millóns de seguidores inculcan na sociedade estes novos valores culinarios, moitas veces irracionais debido ao alto custo dos pratos ou ao exotismo dos produtos.
Por último aclarar que este cambio non é unha moda pasaxeira e a súa tendencia vai ser a estar moitos anos máis entre nós ata que unha nova a sustitúa.