GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0052

ABAU/2016-2017/CD02/xuño/27

Comisión Delegada02
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Todos nós vivimos nunha sociedade capitalista, feito que implica que o consumismo e a produtividade sexan pezas clave da nova do sistema.

A lei da oferta e da demanda convértese no eixe deste mundo que ademais avoga pola globalización, buscando impoñer o mesmo modo de vida, costumes e hábitos, en todo o globo.

Todos nós, queiramos evitalo ou non, somos consumistas, pois acotío estamos mercando produtos que non imos empregar ou que nese momento non nos fan falta. A causa disto reside en boa medida na publicidade, que enche todos os ámbitos da nosa vida, facéndonos ter a sensación de que precisamos certo obxecto adquirir certo ben, cando en realidade non é así. A finalidade disto é incentivar o consumo. Así, se o consumo aumenta, é dicir, se crece a demanda, como consecuencia ten que crecer a produción, o que supón máis emprego, pero, sobre todo, maiores beneficios para os propietarios dos medios de produción.

É o modelo do desenvolvemento incontrolado, que, na maioría dos casos non ten en conta as repercusións e os efectos secundarios disto. Un bo exemplo podemos atopalo na crise económica do 2008, antes da cal o bo panorama económico fixo que aumentase exponencialmente a demanda, dando lugar ao chamado "boom inmobiliario". Desta forma, o sector creceu de forma incontrolada e deu moitos postos de traballo. Porén, unha vez que comezou a crise, a poboación deixou de consumir, deixou de adquirir vivendas, o que causou unha forte quebra no sector, sendo moitos os obreiros desempregados, así como o número de vivendas baleiras.

Ademais, por outro lado cómpre dicir que o constante fomento do consumo leva a situacións insostibles ás clases medias e/ou baixas, posto que se ven incapaces de acceder aos produtos, o que lugar á desesperación ou incluso á marxinación social. Así, por exemplo, son moitos os nenos que sofren discriminación na escola por non poder ter certa roupa ou un teléfono móbil. Por outro lado, a isto hai que sumarlle o gran número de familias que deciden pedir un préstamo para poder acceder a unha vivenda ou a un coche mellor, o cal non son capaces de pagar, véndose en situacións moi complexas, con dificultades para chegar a fin de mes ou incluso na rúa.

Para rematar, quero destacar outra problemática, a que parte da distinta valoración que lle damos aos produtos. Desta forma, calquera de nós verá razonable un prezo elevado en certos produtos, como un ordenador ou unha camisa de marca, pero protestará pola alza nos produtos de primeira necesidade. Se ben é certo que isto non é culpa nosa, senón da do sistema capitalista que nos asoballa coa publicidade, estamos facendo, sen sermos conscientes diso, que o sector primario pase por graves problemas, como sucede coa industria láctica na nosa terra. Así, mentres que a nós nos manteñen o prezo do leite, para evitar posibles protestas, a eles vanllo pagar peor, resultando afectados sempre os mesmos, a clase obreira e popular.

Por este capitalismo

O aumento do consumismo

Así, podemos concluír , por todo o visto, que o consumismo excesivo, que, caracteriza a esta sociedade capitalista, beneficia a uns poucos, ás clases altas. Malia que a demanda aumente, os traballadores non percibirán maiores salarios. Máis ben todo o contrario, serán sometidos a extenuantes xornadas coa finalidade de aumentar a súa produtividade, con horas extra mal pagadas ou incluso sen pagar. Por iso, o proletariado debe tomar consciencia da súa situación, erguer a súa voz en contra desta inxustiza e solidarizarse coa súa clase, evitando comprar aquilo que non precise e axudando, sobre todo, aos produtores da terra nosa terra, tratando de evitar, na medida que o peto o permita, as grandes multinacionais, que malia teren mái t ofertas moi suculentas, rematan por perpetuar a explotación do obreiro e campesiño.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra