Nos últimos 7 anos, a gastronomía e a cociña acadaron
moita popularidade non só en Galicia, tamén en moitos
países arredor do mundo.
Unha das causas principais deste fenómeno é a presenza
deunha gran infinidade de programas na televisión como
por exemplo Masterchef e Topchef. Neles, foméntase a
importancia de manter unha dieta variada e saudable,
e tamén mostran técnicas de cociñar innovadoras
e produtos exóticos que non se poden atopar en
calquer supermercado. Ademais, nalgúns destes amosanos participantes
destes concursos televisivos viaxan por moitos lugares, e
incluso gañan premios.
Isto provocou que moita xente nos últimos anos se
preparara para poder concursar.
A parte disto, en moitas cidades do mundo (debido
ao proceso de globalización e aos movementos
migratorios) existen restaurantes doutras culturas. Por
exemplo, en Galicia hoxe en día, en cidades
como A Coruña e Santiago, a xente pode asistir
a restaurantes xaponeses, italianos...
Nos últimos vindeiros 2 anos, a parte deste tipo de
negocios, xurdiron restaurantes específicos para persoas
cunha determinada dieta, como por exemplo
vexetarianos e veganos. Isto permite unha maior
diversificación para poder escoller.
Dentro de dez anos aproximadamente, a xente poderá
tomar calquer tipo de comida que desexe sen
necesidade de ter que desprazarse a un lugar determinado.
Isto, á longa, pode provocar un cambio cultural.
Se os galegos deciden preparar pratos típicos doutros
lugares, quizais non proben con tanta frecuencia
os autóctonos.
En conclusión, unha persoa estranxeira que queira tomar comida
típica galega, (por exemplo), non tería que ir a Galicia
para poder probala. Ademais, tamén pode afectar ao
sector turístico levemente.