Ao gastronomía nos últimos anos evolucionou moito, aínda que depen
Ao longo do tempo, a gastronomía evolucionou moito, aínda que depende da época,
porque é verdade que en épocas, por exemplo, de fame, que existe unha
escaseza de todo é imposible evolucionar. Pero dende os primeiros homes ata hoxe
si se pode dicir que que evolucionou moito.
Só comparemos a gastronomía do século pasado coa deste, ou a gastronomía
desta década coa da anterior, incluso. Vese unha experimentación nos pratos que
poden parecer un tanto raras, pero que son increíbles. O uso de nitróxeno,
por exemplo, pode ser o que máis chame a atención. Ben é certo que a gastronomía
é un arte máis nos nosos días, e que polo tanto corre paralelamente a outro tipo
de artes de semellante "extravagancia", polo que son as mesmas causas as que
traen esta gastronomía, e estas causas son, como xa ben dixen, a evolución, pero
tamén, a capacidade de experimentación que teñen os artistas, como ben se poden definir aos
cociñeiros. Tamén é certo que o experimentalismo é a corrente que golpea á
gastronomía.
Non en tanto existen en todo agrupacións a favor e en contra. Neste caso
atopamos en contra á xente tradicionalista, a que non lle gusta, directamente, este tipo
de "inventos" (como ben poden chamarlle este grupo de persoas) nos seus platos.
Este grupo de persoas son os que sosteñen que a cociña esta en auxe por moda
(aínda que tamén hai persoas que lles gusta que tamén o cren), que é algo pasaxeiro.
O modo de ver de algúns tamén é que a gastronomía, unha vez que evoluciona,
non é algo pasaxeiro, se non que permanece pero con menor repercusión.
Esta claro que a gastronomía deste rango chegou para quedarse, polo menos durante
unha tempada grande en auxe, pero permanece como cambio cultural duradeiro.