CORT_0101
ABAU/2016-2017/CD04/xuño/03
Ano de redacción | 2017 |
Curso | 2º de Bacharelato |
Comisión Delegada | 03 |
Convocatoria de exame | Xuño |
Xénero | Argumentativo |
Materia | Lingua e literatura galegas |
Tema | A gastronomía
|
Número de palabras | 195 |
Número de lemas | 103 |
Densidade léxica | 53 |
Número de enunciados | 8 |
Media de palabras por enunciado | 24.38 |
Número de palabras do enunciado máis longo | 45 |
Número de palabras do enunciado máis curto | 5 |
Número de parágrafos | 3 |
Media de enunciados por parágrafo | 2.67 |
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización
Cada ano innóvase máis no ámbito culinario, aparecendo novos
pratos de nomes case inpronunciábeis cunha chea de ingredientes.
É isto unha moda pasaxeira?
Dende que existe a cociña como tal, os grandes cociñeiros
buscan sacar os pratos máis auténticos, máis novos, máis
modernos. En certa forma ten sentido, xa que viven diso, da
xente que teñan nos seus restaurantes. Este feito, as ansias
de innovación culinaria, seguirán e seguirán co paso dos
anos, non cabe dúbida.
Fai pouco saíu nos medios de comunicación que un recoñecido
cociñeiro español utilizaba as bacterias que aportan a
luminiscencia a peixes e medusas nos seus pratos, facendo
que o restaurante onde traballa abra ao público a escuras,
para que se poida ver o fenómeno luminoso. Parece ser
que esta é a última moda, pero como a última
moda nunca é a última, non tardarán en sacar un
novo truco a un novo prato que deixe á comunidade
culinaria coa boca aberta. Pero como a historia se repite,
acabarase volvendo aos pratos de sempre, eses que deron
de comer a xeracións e xeracións antes de comezar
cos menús degustación, onde o prato é máis grande que
a ración a comer.
Lenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descargar vista actual como txt