O capitalismo fundaméntase nun principio básico, que é a
competencia. Por outra banda parte da idea de que a
menor prezo, maior satisfacción para o consumidor.
O consumismo é esencial no S.XXI, tanto para a sociedade
como para a economía. Respaldase: esta tese cos seguintes
argumentos:
-En primeiro lugar, creo que os prezos baixos son gusto
de case todas as persoas. Isto é un feito, porque
de non ser así, o capitalismo non funcionaría. Por moito
que tentemos favorecer ás marcas do país, por instinto
o noso cerebro sempre buscará opcións máis rentábeis.
-En segundo lugar, apoiome na bioloxía para defender
que outro modelo produtivo non tería cabida na
nosa raza, xa que xenética e necnoloxicamente outros
son case utópicos. É bonito pensar que un sistema
de trocos, ou unha economía allea ao capitalismo (agresivo ou non) poida existir. Pero, o certo, é que o ser humano
por natureza é xeralmente competitivo. Entón, se comparamos
esta competitividade cun sistema de trocos, atopámonos con
que os resultados serían nefastos: uns loitarían polo beneficio
propio, outros amainaríanse pola súa bondade... E todo isto
sen ningún control.
-En terceiro lugar, a produtividade e o consumismo son
esenciais para a calidade. Se non hai competencia
polos prezos, as prezos tenderán a subir e a calidade
do produto... quen o sabe? Tanto podería mellorar como
podería estancarse. De todas maneiras, esa posibilidade non
se contempla se hai competencia. A loita por mellorar e
superarse é fundamental nesta sociedade, e, de feito, este
exame é un claro exemplo de intento de superación e
persecución de obxectivos.
Conclúo así o texto, reafirmando a miña tese: a productividade
e o consumismo é esencial nesta sociedade.