GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0248

ABAU/2016-2017/CD07/xuño/14

Ano de redacción2017
Curso2º de Bacharelato
Comisión Delegada07
Convocatoria de exameXuño
XéneroArgumentativo
MateriaLingua e literatura galegas
TemaA gastronomía
Número de palabras261
Número de lemas142
Densidade léxica54
Número de enunciados13
Media de palabras por enunciado20.08
Número de palabras do enunciado máis longo31
Número de palabras do enunciado máis curto8
Número de parágrafos5
Media de enunciados por parágrafo2.60

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Dende hai uns anos, o mundo da cociña non deixa de gañar terreo entre as tendencias máis populares. A súa presenza nos medios tampouco quedou atrás, pois a día de hoxe case todas as canles de televisión dispoñen dun ou varios programas de cociña. E non iso: a popularidade obtida fixo que cada vez máis xente se decante por estudar algo relacionado coa hostelería.

Nun primeiro análise non ten nada de raro. Case sempre hai épocas nas que determinados estudos teñen máis demanda ca outros, pero coa cociña danse certas condicións especiáis polas que non debería tomarse tan esta tendencia de maneira tan despreocupada

En primeiro lugar, trátase dunha profesión na que estás en relación directa coa saúde da xente. O que estás manipulando coas túas máns vai acabar dentro do organismo dunha persoa. A pregunta sería se a xente que pretende adicarse a esta profesión é consciente diso ou segue a moda sen pararse a pensar nas consecuencias.

Por outra banda, tamén é certo que xeneralizar adoita ser unha práctica que leva a engano, polo que afirmar que a cociña é unha moda pasaxeira sería caer nun gran erro. Igual que existe xente irresponsable, tamén a hai responsable. Hai moitos estudantes de cociña conscientes dos riscos que implica a súa profesión e a o tempo e esforzo que hai que invertir nela.

Por tanto, os anos dirán se este oficio resultou ser unha moda pasaxeira ou realmente chegou para asentarse na nosa sociedade. Polo ben de todos espero que sexa a segunda , sempre é mellor a diversidade ca escasez.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt