CORT_0196
ABAU/2016-2017/CD06/xuño/07
Comisión Delegada | 06 |
Convocatoria de exame | Xuño |
Tema | A gastronomía
|
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización
A gastronomía acadou moita popularidade no tempo recente debido
a que a xente cunha boa posición social e económica comezou a
vela coma unha arte, máis aló de centrarse na alimentación.
Como non podía ser doutro xeito, a xente influíuse polos que cren
que son superiores a eles e comezaron a pensar tamén deste
xeito.
A popularidade da cociña e gastronomía podería desaparecer
de xeito repentino, tal e como comezou, se a xente se decatase
de que os pratos da nouvelle cuisine son unha estafa xa que
serven racións moi pequenas e cobran un ollo da cara.
A comida non é arte, aínda que a desfrutemos moito comendo un
prato que nos gusta. A comida é alimentación para poder vivir, sim
plemente. Os chefs modernos cobran demasiado polos míseros pratos
que serven.
A mellor comida é a preparada polas nais e avoas, a comida
de sempre. Eses pratos sinxelos pero que son os que máis
desfrutas e non os que che poñen en restaurantes modernos
nos que segundo eles che venden sensacións.
Lenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descargar vista actual como txt