GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0258

ABAU/2016-2017/CD07/xuño/24

Comisión Delegada07
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A cociña nos últimos anos sufriu un gran crecemento e sobre todo púxose de moda a alta cociña, chea de novos sabores e experimentos que a elevan case á categoría de arte.

Dende o meu punto de vista, pode que sexa unha moda do momento, pero en realidade todo na nosa vida é cuestión da moda ou tendencia que impera ag nesta eta nunha etapa.

Penso que está moi ben que se traten de buscar novos camiños no mundo culinario, xa que considero que a variedade nunca é algo malo. Probar cousas comidas novas e atreverse acon novas cousas na miña opinión sempre é favorable.

Certo é que este auxe da comida ven acompañado dunha subida nos seus prezos, debido á súa costosa elaboración, polo que non é un fenómeno ao alcance de todo o mundo, senón soamente ao alcance duns poucos. Por esta banda creo que quizais non estea ben plantexado, polo feito de que debería ser algo ao que todos poidésemos acceder aínda que fose para probalo. Coma en todo, o poder económico restrinxe moito ás persoas en canto á hora de poder gozar deste tipo de privilexios, porque ao fin e ao cabo, son iso, privilexios que non todo o mundo se pode permitir.

A comida é un mundo moi amplo no que se poden chegar a ofrecer gran variedade e infinidade de novas propostas. Por estas razóns estou de acordo con que se tente favorecer o "boom" da gastronomía e a cociña. Sen Sen dúbida pode que nuns anos esta "moda" quede anticuada pero pronto nacerá outra que traerá consigo novas outras propostas brillantes.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt