CORT_0261
ABAU/2016-2017/CD07/xuño/27
Comisión Delegada | 07 |
Convocatoria de exame | Xuño |
Tema | A gastronomía |
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización
Nestes tempos, a popularidade da gastronomía e a cociña acadou
un gran nivel.
Posiblemente, as súas causas veñen producidas polos numerosos programas
culinarios que existen hoxe en día na televisión. Neles se ven pratos
extraordinarios de países distintos e iso incita a xente a tomar
un curso ou soamente probalos.
Outra das razóns da súa popularidade son as comidas exóticas
que cada vez gustan máis na sociedade actual, e iso incita á
apertura de restaurantes con este tipo de comidas.
Pero como todo, é unha moda pasaxeira. Cando xa se crea
que a gastronomía e a cociña non dá para máis, rapidamente
buscaran outra cousa que enganche e incite a súa compra, para
continuar co círculo vicioso de consumismo derrochador. Nesta
sociedade na que nos tocou vivir todo é unha moda pasaxeira
para que a xente continúe comprando e comprando.
Mais, volvendo a gastronomía é a cociña, hoxe en día dánse
moitos cursos para xente interesada en aprender a cociñar, e
verdadeiramente teñen moito éxito, o que aumenta a súa popularidade.
Nesta senda, tamén aumentan o número de gastrónomos importantes
así como os premios que a estes lles conceden.
En conclusión, a gastronomía e a cociña están en auxe neste
momento e sí, pode que nalgún momento se converta en moda
pasaxeira pero de momento está ben asentada, e a súa popularidade
só aumenta.
Lenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descargar vista actual como txt