GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0388

ABAU/2016-2017/CD10/xuño/19

Comisión Delegada10
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

O consumo na nosa sociedade de hoxe en día podería nomearse coma unha un dos factores máis importantes tanto como para as persoas como para o funcionamento do país. Mais, para ter poder adquisitivo é necesario un certo nivel de produtividade que serve para obter beneficios.

O ser humano consume dende que nace. É certo que un recén nacido non pasea polas rúas mercando obxectos de uso diario, pero ter un fillo supón unha cantidade de gastos moi elevada: comida, roupa... Hai cousas que son necesidades primarias e que non se poden descartar. O problema da sociedade non está en consumir, senón en gastar demasiado en cousas non imprescindibles. Consumir é importante porque activa e a economía e xera riqueza, o que é un erro importante é a compra continua de obxectos sen valor na que están sumidas as persoas na actualidade.

Sen embargo, para poder consumir hai que producir, xa que non é posible comprar bens sen diñeiro. O traballo considérase a etapa na que están sumidos a maioría dos adultos do planeta, e na que se vive ate qu a xubilación. Todo co mesmo propósito: obter o diñeiro necesario para poder adquirir bens primarios e secundarios.

No noso modo de vida actual, o consumo e a productividade son base. A sociedade fórmase a partir do ideal capitalista, polo que a xeración de riqueza e de vendas e compras é o principal obxectivo, e as persoas atópanse atadas a esta idea. Moitas veces, o ser humano está tan concentrado en obter o maior capital monetario posible para logo poder gastalo, que non disfruta doutras cousas que ofrece a vida, sería necesario un cambio de mentalidade, case imposible, para cambiar os ideais da sociedade.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt