CORT_0503
ABAU/2016-2017/CD13/xuño/38
Comisión Delegada | 13 |
Convocatoria de exame | Xuño |
Tema | Consumo e produción
|
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización
A sociedade actual podería definirse como unha sociedade consumista, onde,
a parte de consumir o que necesitamos, tamén consumimos o que
non necesitamos. É unha sociedade na que a vida media dun produto
non é de moito máis de 2 anos se hai sorte, e onde, queramos ou non,
temos a necesidade de mercar para sobrevivir.
Pero, se a sociedade merca tanto e o sector terciario está tan desenvolvido,
por que o sector primario corre tanto perigo e vive tan mal?
É aquí onde entran en xogo as grandes empresas e os grandes monopolios. Por
exemplo, no caso do leite un granxeiro non é o que vai ao mercado a vender
o seu produto e moito menos aos grandes supermercados. Hai empresas intermedia
rias que se encargan de recoller o leite que producen as pequenas granxas,
embotellalo e posteriormente vendelo. Esta cadea non é así só no caso do
leite, as empresas son intermediarias, e é aquí onde está o fallo. O que
o consumidor paga vai na súa maior parte a manter a estas empresas e
a axudalas a seguir co seu monopolio.
As grandes empresas crecen máis e os pequenos traballadores cada vez gañan
menos e traballan máis. Pero esto non é un problema para o que non
haxa solución. Nós podemos axudar mercando os produtos marcados como
"produtos de mercado xusto" ou intentando informarnos, por exemplo, sobre
as condicións dos traballadores de certas marcas e mercando aquelas marcas coas
que estemos de acordo e axuden a que as desigualdades diminúan.
A idea do mercado xusto é algo moi complicado de lograr hoxe en día, onde
as grandes empresas e os cartos o controlan todo, pero non é unha idea
imposible.
Lenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descargar vista actual como txt