Actualmente, a gastronomía acadou un rango considerable na sociedade.
Creo que unha das principais causas é o valor que se lle está dando
nos medios de comunicacións. Non hai máis que poñer a televisión ao
mediodía para ver algún programa de recetas de cociña.
Ademais, tamén é posible que este ámbito crezca debido á maior
implicación da sociedade, quero dicir, antigamente só cociñaban as
mulleres, e facían comidas típicas. Agora, cociñan tamén os homes
e os rapaces e faise de maneira máis innovadora.
Estou segura de que calquera dos nosos pais ou nais se puxeron
algunha vez a buscar en internet cómo facer unha receta.
Por iso, tamén ten boa parte da culpa os avances tecnolóxicos
xa que podemos buscar todo tipo de elaboracións gastronómicas.
Outra das razóns pode ser simplemente unha motivación propia.
Agora hai moitos programas televisivos que ofrecen premios ao
gañador do concurso, por ser o mellor cociñeiro, e isto impulsa
a simples afecionados da cociña a crecer gastronómicamente.
Non sei, a dicir verdade, se isto será unha moda pasaxeira ou realmente
permanecerá durante moito tempo, pero paréceme agradable que ámbitos
como este, comecen a recibir a valoración que se merecen, malia
que sexa pouco a pouco.
O que sí é seguro é que mentras que produzca cartos e obteña
beneficios, esta popularidade vai durar bastante.