Como ben explica o autor, a produción e o consumo son ciclos moi
importantes na nosa vida. Necesitamos producir para poder obter
cartos e con eles consumir, ben sexa en coches, alimentos...
Pola contra necesitamos consumir para poder sobrevivir.
Certamente podemos reducir o que consumimos sen que nos
pase nada malo, podémolo facer para, por exemplo, como facía
no texto Susa para aforrar, ou por outros moitos motivos, como poden
ser para evitar o gasto innecesario de múltiples produtos, mal
omnipresente na nosa sociedade actual.
Debido á nosa imposibilidade para producir durante toda a vida,
creáronse mecanismos para asegurar a supervivencia digna das persoas que non poden traballar, por exemplo o Sistema da Seguridade
Social, aparte de encargarse dos tratamentos médicos da xente,
tamén traballa en pagar as pensións, que son pagamentos
que se fan a persoas que por diversos motivos non poden traballar,
é dicir, producir, tanto persoas maiores tanto persoas con eibas
físicas.
Tamén é salientable un fenómeno como que ao prepararnos
durante pequenos e adolescentes para traballar, tamén estamos
facendo consecuentemente para producir, limitando a nosa vida a
tres etapas: prepararse para producir, producir (idade laboral), e non
poder producir xa mais.
En conclusión, os ciclos de produción e consumo marcan a nosa
vida na sociedade actual de forma determinante, toda a nosa
vida estamos condicionados a eles.