CORT_0533
ABAU/2016-2017/CD15/xuño/06
Comisión Delegada | 15 |
Convocatoria de exame | Xuño |
Tema | A gastronomía
|
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización
Nos últimos anos a gastronomía e a cociña acadaron moita popularide. Por que? Por que
a todo o mundo lle gusta comer? Non. Non é solo por iso, detrás dunha sinxela
comida que che poñen nun restaurante hai moitísimo estudo, horas de traballo e
dedicación. Dende o meu punto de vista, este campo foi gañando moitísima importancia
cos anos e pode ser considerado como unha moda pasaxeira ou como un cambio
cultural máis duradeiro. Quizais a gran importancia que gañou débese a que a
xente comezou a darse conta da beleza de cada prato, tendo en conta que
facer algúns non é nada fácil.
Para algunhas persoas é unha moda pasaxeira por moitos aspectos. Moitos compran
libros de cociña, onde todo ben dado (os ingredientes, os pasos...) e limítanse a
seguir eses pasos, sen innovar e a verdadeira beleza da gastronomía está
en innovar. Cando rematan de cociñar xa consideran que crearon unha verdadeira
delicia cando pode darse o caso de que o que lle parece tan extraordinario
sexa un pouco pobre dende o punto de vista dun verdadeiro crítico gastronómico.
Este repentino gusto pola cociña por seguir os imperactivos sociais tamén está
causado, en certa medida, polos programas de cociña.
Para outras persoas, as que verdadeiramente se dedican a iso ou para as que
non siguen imperactivos sociais, a gastronomía si que é un verdadeiro cambio
social, que implica moitos anos de preparación e moita práctica para chegar
a ser alguén ao que se lle recoñeza por elo. A profunda influenza e a
clara consideración da gastronomía como arte é claramente perceptible porque
incluso existen premios únicos e exclusivos para eso. Na miña opinión, perceptible
ao longo de todo o texto, a gastronomía merece tanto recoñecemento como arte
como outra calquera, porque iso é o que é, e por todo o traballo e o mérito
que ten detrás.
Lenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descargar vista actual como txt