Nos últimos anos a gastronomía e a cociña acadaron
unha gran importancia en comparación con outras
décadas.
Algunhas das súas causas é a aparición de numerosos
programas de cociña na televisión que a presentan
como un pasatempo e un hobby co que ademais
podes gañarte a vida.
Tambén inflúe a péerda do estereotipo de soamente as mulleres poden adicarse a cociña, xourdindo
así numerosos homes que disfrutan da gastronomía
e que tentan mellorar cada día.
Ademáis, é unha idea moi propulsada por
concursos de cociña, como pode ser Masterchef, e
incluso para concusrsos para nenos, como Masterchef
Junior e outros tantos concursos americanos.
Esta devoción pola cociña máis ca unha moda
pasaxeira é un cambio cultural máis duradeiro, xa
que cada vez máis persoas interésanse na gastronomía,
participan emn concursos e tentan acadar estrellas
Michelín.
Tamén abriron moitos restaurantes que
tentan conseguir moitos tenedores e que os seus clientes
fagan boas recomendacións.
A maiores, coa globalización, moitas culturas adoptaron
pratos e técnicas doutras culturas, facendo da gastronomía
e da cociña algo moito mais variado e rico.
Por todo isto, a gastronomía e a súa actual
importancia vai a perdurar durante moitos anos,
xa que ademais non deixan de nacer novas técnicas,
receitas e pratos innovadores.