É moi evidente que a gastronomía e a cociña conseguiron
situarse como un dos ámbitos máis populares do mundo e
é preciso centrarse nos orixes deste auxe e a repercusión
que ten.
Un dos factores deste fenómeno que estamos a tratar pode ser o desexo de
evasión doutros contextos negativos. Concretamente en España, a raíz
da crise económica é posible observar un aumento deste sector, en parte
influídos pola necesidade de buscar novos camiños e saír doutros
ámbitos con problemas.
Porén, penso que o verdadeiro auxe da gastronomía é consecuencia do
descubrimento dunha cociña innovadora, que pode ser vista dende
unha gran variedade de perspectivas e , xa que logo, abre a porta
a todo tipo de cociñeiros. Tamén é certo que a gastronomía máis
comercial está restrinxida a un certo tipo de comidas, valoradas
pola gran concentración de sabor por cm². Neste sentido, penso que se
debería ampliar un pouco o abano de tendencias e non desprestixiar
tanto o clásico.
En canto ás súas expectativas de futuro, creo que a cociña
vai seguir en aumento e pode conseguir una internacionalización e
unha globalizacion moito maior. Non obstante, debe manter
uns prezos e unaha accesibilidade ó alcance dunha maioría de
xente, pois é ben certo que os mellores platos son cada vez máis
difíciles de conseguir económicamente, causando certtas desigualdades sociais.
Penso, ademais, que a gastronomía trae consigo un progresivo aumento
do turismo e do cambio cultural entre cidadáns, adquirindo a
poboación un maior nivel de coñecementos xerais.
En conclusión, o auxe da gastronomía ten moitos aspectos positivos
económica e socialmente, mais se non se axustan a un
esquema ético, a repercusión que ten pode volverse na súa contra