A gastronomía é algo que pode identificar a un lugar. Por exemplo, nós asociamos
o cocido con Galicia, a paella con Valencia ou mesmo as hamburguesas con Estados
Unidos. Día tras día, a profesión de gastrónomo está máis demandada. Antes, simple
mente importaba o que se comía na casa ou a comida asociábase a algo máis
tradicional e propia dunha cultura.
Nos últimos anos, popularizáronse programas como "MasterChef" ou "Pesadilla en
la cocina". Programas que conseguen financiar carreiras culinarias de grandes ta
lentos gastronómicos (caso de MasterChef) ou simplemente nos ensinan a realidade
dos sitios onde comemos con recursos lamentables, falta de hixiene, incapacidade
dos empregados... Pero á xente gústalle iso, gústanlle os "shows".
Ter cinco estrelas michelín considérase hoxe en día case tan importante como
ter un título da monarquía, por así dicilo. Aínda que claro, tamén é certo que hai
xente que opta a métodos máis eficaces que as estrelas michelín, tales como as
cadeas de comida rápida. Hoxe en día, hai restaurantes como Mc Donalds aos que
só lles é necesario dar unha orde para ter a millóns de persoas con problemas
cardíacos e casos de obesidade tras de si. Nestes terreos, a comida pode conside
rarse unha moda pasaxeira. Poñamos por exemplo, os famosos vasos de café
de Starbuck’s. A quen non lle ía gustar probar café de alí sabendo que os seus
amigos vanlle dicir o importante que é socialmente?
Pero por outra parte está a gastronomía e a cociña como algo propio e máis dura
deiro. O lacón con grelos vai ser algo que esté ahí sempre representando a gastrono
mía galega. En relación con iso último, podemos destacar o programa gastronómico
"Larpeiros"; programa que axudou aos nosos avós, pais, a nós e incluso aos nosos
netos nun futuro. Porque cociñar na casa e ensinar isto dunha xeración a outra tamén
é un transpaso de cultura. É como ensinar a lingua galega, estamos ensinando o noso
patrimonio culinario. E o mesmo que o facemos aquí, o farán en América, China ou
África.
En relación co texto, quero discutir que a gastronomía foi perdendo o seu valor
ancestral. Porque hoxe en día valórase máis a presentación dun prato a que estea ben cociñado. Porque co tempo deixamos de valorar as cousas e non se pode
negar o que nos identifica, sexa comestible ou non.