CORT_0642
ABAU/2016-2017/CD19/xuño/26
Comisión Delegada | 19 |
Convocatoria de exame | Xuño |
Tema | Consumo e produción |
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización
As sociedades modernas, que tamén son coñecidas como socieda
des do consumo caracterízanse, como ben indica o seu nome
polo incesante consumo de produtos que leva a cabo
a súa poboación. E a pregunta que a todos se nos ocorre
é: realmente é preciso todo o que mercamos?
A resposta é ben sinxela: non. Os nenos, dende pequenos,
entran en contacto cos medios de comunicación (para
min os causantes deste consumismo sen control) e observan
gran variedade de xoguetes que desexan posuír. Este
feito fai que dende moi cativos queiramos ter todo o
novo que sae á venda, sen importar o seu custo, o
que leva a numerosos problemas. As familias fan
demasiados esforzos por mercar todo aquilo que queren
pero que, quizais, non sexa tan necesario. Este feito pode
levar a múltiples problemas económicos.
Outro feito importante é que se os cidadáns non deixan
de consumir as empresas teñen que aumentar o seu nivel
de produtividade para satisfacer estas necesidades. Este
aumento da produción implica que os traballadores aumen
ten a carga de traballo, levándoos a condicións que
non sempre son as máis axeitadas.
En resumo, a sociedade moderna está altamente condicio
nada pola continua saída de novos produtos que
incita ás persoas a mercar sen control, despreocupándo
se, ás veces, do que isto implica.
Lenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descargar vista actual como txt