Actualmente, a gastronomía vai collendo unha importancia maior
da que tiña anteriormente, xa que as persoas aprecianna
moito máis.
Dende hai uns anos, tanto o servicio gastronómico e a cociña
tiveron un auxe importante, e apareceron maior cantidade de
cociñeiros e os máis famosos aumentaron a popularidade. Isto
foi grazas aos medios de comunicación, que con programas de
cociña para expertos e para principiantes aumentaron a súa
popularidade. Aparecen, por exemplo, algúns programas como Top
Chef en Antena 3 ou Masterchef en Tele 5, e grazas a eles
o sector gastronómico aumentou en importancia.
Por outra banda, o sector da industria e da agricultura
van perdendo importancia respecto a este sector, xa que co
aumento do turismo, chega máis xente afecionada a cociña
ou para ir pasar as vacacións, o que fai que incrementen
os bares, restaurantes etc.
Por outra banda, existen tanto persoas que pensan que soa
mente é unha moda e que pronto estará en auxe un sector
diferente, e persoas que pensan que o mundo da gastrono
mía seguirá sendo dos máis importantes a nivel mundial.
Na miña opinión, a gastronomía e a cociña son sectores
moi pouco valorados e que atraen gran cantidade de
diñeiro aos países. A gastronomía enon é unha moda pasa
xeira, xa que leva uns anos de grandes logros e impor
tancia. Polo tanto, podemos concluír que estes ambolosdous
sectores teñen moita importancia, tanto agora coma no
futuro.