CORT_0747
ABAU/2016-2017/CD21/xuño/38
Comisión Delegada | 21 |
Convocatoria de exame | Xuño |
Tema | Consumo e produción |
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización
Nos nosos días, é sabido por todos que vivimos nunha sociedade capitalista,
onde como o seu propio nome indica, as vidas das persoas baséanse principalmente
na acumulación de capital, xa sexa para ter unhas condicións de vida boas
como para asegurarse un futuro digno.
Así, as persoas pasan gran parte da súa vida traballando para lograr un certo
grao de suficiencia económica. E vense obrigadas a iso se non queren vivir
na pobreza. Por outro lado, na nosa sociedade tamén é moi importante o
consumo. Os anuncios e a lei da oferta e da demanda están sempre á orde
do día. Moitas veces, influídos pola sociedade consumista e polos anuncios que
atopamos en calquer lugar (televisión, radio, prensa, incluso nas propias rúas) soemos
mercar cousas máis caras só porque as coñecemos ou ben mercar cos cousas
que realmente non nos son necesarias. É evidente, polo tanto, que vivir rodeados
de publicidade afecta ao noso modelo de vida actual.
A acumulación de capital e o consumismo son a base da economía actual,
e polo tanto, de certo modo, tambén tamén inflúe no modelo de vida das persoas,
enfocadas cara unha prosperidade económica autónoma, en lugar de pensar na
prosperidade económica de todos: cada un traballa para si mesmo.
Por iso, o consumo e a produción afectan as nosas vidas diarias en que
fan á sociedade máis individualista, e coa publicidade asociada ao consumismo,
máis manipulable.
Lenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descargar vista actual como txt