GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0761

ABAU/2016-2017/CD21/xuño/52

Comisión Delegada21
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Hoxe en día, vivimos nunha sociedade tremendamente consumista. Xa non nos chega con ter un teléfono móbil actual, senón que queremos o máis actual. A pesar de ter centos de prendas de ropa, non temos "nada que por". ¿De verdade non temos nada? ¿ou é que a moda volveu a cambiar? somos uns "zombis" do consumismo, deixamonos levar polos "influencers" que vemos nas revistas, nas redes sociais eou na televisión, que nos din como temos que vestir.

E por suposto que as empresas non van deixar pasar a oportunidade que eles mesmos crearon. Crean e nós as necesidades e logo queren facernos crer que teñen as respostas perfectas á nosa demanda. Pero é que tal demanda non existe. Esa é a verdade. A verdade da cal a sociedade do século XXI se nega a espertar.

Isto cada vez vai a máis, agora ata os rapaces pequenos son aditos ao consumismo. Eu con catro anos xogaba con monecas e nin sequera as precisaba para pasalo ben. Hoxe en día, nenos de catro anos teñen videoconsolas, tecnoloxías, etc. son solo catro anos e xa viven prendidos a elas.

Este consumismo feroz fai que desaproveitemos moitisimas cousas e sobre todo que gastemos de máis innecesariamente.

En conclusión, damoslle máis importancia ás apariencias (que son a base do consumismo) que á realidade, e iso fai que estemos completamente baixo o control das empresas. Xa non saben que inventar para facernos picar.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt