GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0768

ABAU/2016-2017/CD22/xuño/05

Comisión Delegada22
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nos últimos anos a gastronomía e a cociña gañaron moita popularidade. Son numerosos os restaurantes considerados dunha calidade superior nos que hai que esperar meses para poder xantar, por non falar da cantidade cada vez maior de programas de televisións nos que cociñeiros de renome visitan restaurantes que están atravesando dificultades para axudalos a superalas ou de concursos nos que un grupo de persoas compiten por ver quen cociña mellor.

Creo que a causa principal deste fenómeno é a publicidade que acadou este tipo de cociña grazas aos xa mencionados programas e concursos televisivos. Con eles, moita xente que antes non se interesaba pola cociña comeza a facelo. Empezan a velos para ver quen gaña e acaban interesándose pola gastronomía e, se poden permitilo, incluso acuden aos restaurantes dos cociñeiros que aparecen nos programas.

Persoalmente creo que este fenómeno é outra das moitas modas pasaxeiras que vivimos nos últimos anos. É innegable que grazas a isto moita xente poido atopar a súa pasión pola cociña, pero o público xeral acabará por cansarse e volver aos seus hábitos culinarios anteriores. Ao fin e ao cabo, a alta gastronomía non es ao alcance de todos e a situación económica de moitos non permite gastos deste tipo.

En resumo, creo que os medios de comunicación son o motivo da crecente popularidade da gastronomía e que este fenómeno é unha moda pasaxeira.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt