GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0799

ABAU/2016-2017/CD22/xuño/36

Comisión Delegada22
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Na nosa sociedade actual, absolutamente todos os actos humanos móvense ao redor do consumismo. O sistema capitalista e por excelencia consumista, máis que produtos, venden felicidade. A felicidade que achega comprar, e comprar, aínda que non sexa algo que precises é insaciable.

A xente compra, non reflexiona. Non repara en que quizais o que merca está fabricado en países subdesenvolvidos nos que explotan os recursos da natureza, e mesmo aos humanos. Non se decatan de que nenos que deberían estar na escola fixeron prendas que levan postas con orgullo porque foron "gangas".

Non consumimos nas pequenas tendas, ou en empresas locais, que evidentemente son algo máis caras, pero con moitos menos beneficios, son moito máis seguras e respetuosas (co medio ambiente, cos seus traballadores...). Se consumimos nos grandes almacéns, é imposible que as tendas locais poidan seguir subsistindo, e creando postos de traballo, quizais o do noso veciño, amigo, curmán...

A produción non é o problema, sempre que sexa autorealizante, o problema reside no excesivo consumismo, ou no mal consumo. Consumo sempre responsable, con conciencia, sendo críticos.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt