GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0807

ABAU/2016-2017/CD23/xuño/02

Comisión Delegada23
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nestes últimos anos a cociña e a gastronomía acadaron uns niveis de popularidade bastante altos e no sector aparece a dúbida de se é pura moda ou un cambio cultural.

A aparición de programas televisivos como "Top Chef" ou "Masterchef" espertan na xente a curiosidade pola gastronomía ou a cociña. Estes programas mostran pratos, técnicas e tamén o que significa traballar como cociñeiro. Moita xente empeza grazas a eses programas e é probable que sexa por gusto xa que cada vez hai máis xente que se apunta ás probas de acceso. De feito déronse casos de xente que tras o paso polo programa agora rexenta o seu propio restaurante ou é xefe de cociña do restaurante dalgún chef con "estrela michelín".

Por outra banda temos os que se coñecen como "modas", xente que comeza por moda. A este tipo de xente é moi fácil recoñecela xa que cando coñecen o oficio ao fondo, non dubidan en abandonar. Volvamos ao exemplo de antes, nos programas hai xente entregada e loitadora, pero tamén hai "modas". Non é a primeira vez que un concursante abandona unha edición do programa porque é moi duro ou non lle gusta a cociña.

Aquí chegamos ao punto difícil, alguén que vai por moda a cociñar está a ocupar un sitio de alguén que que quere traballar no oficio. Isto é aplicable aos programas e á vida laboral.

Con todo somos persoas e non cabe dúbida que ao final os que van a quedar traballando no sector gastronómico son as persoas que si que queren facelo, os "modas" seguirán probando noutros ámbitos pero iso xa é outro tema.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt