GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0949

ABAU/2016-2017/CD15/setembro/04

Comisión Delegada15
Convocatoria de exameSetembro
TemaConflitos familiares

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Desde o meu punto de vista, o que fixo o pai de Vanesssa é axeitado para a situación, xa que se ten unha filla adolescente que o esta a molestar por un tema sen importancia, mentres que el ten que traballar.

Por outro lado, se a filla non fose malcriada polos pais, non terían ese problema, xa que, posiblemente, os pais teñan diñeiro e a filla sexa así pola mala educación recibida de pequena.

Outro punto a resaltar sería que os pais no deberían deixar que a rapaza fixese o que ela queira, xa que ese tipo de problemas familiares danse ao deixar aos fillos facer o que queiran sen impoñer ningún límite.

En xeral os conflitos familiares entre pais e fillos, danse (coma no caso de Vanesa) cando os nenos son malcriados durante a infancia, o que orixina que máis tarde na madurez ou adolescencia sexan uns malcriados.

O problema chega cando acadan a etapa de madurez, xa que, unha vez criados é moi difícil cambiar o seu comportamento, cando xa teñen a súa personalidade definida.

En resumo, este tipo de conflitos familiares pódense evitar sempre e cando os pais teñan a responsabilidade suficiente como para criar aos seus propios fillos.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt