GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0003

ABAU/2016-2017/CD01/xuño/03

Ano de redacción2017
Curso2º de Bacharelato
Comisión Delegada01
Convocatoria de exameXuño
XéneroArgumentativo
MateriaLingua e literatura galegas
TemaA gastronomía
Número de palabras202
Número de lemas102
Densidade léxica50
Número de enunciados6
Media de palabras por enunciado33.67
Número de palabras do enunciado máis longo53
Número de palabras do enunciado máis curto21
Número de parágrafos3
Media de enunciados por parágrafo2

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nos últimos anos a gastronomía e a cociña acadaron moita popularidade debido principalmente á exposición e difusión dos medios de comunicación.

Os medios de comunicación e as redes sociais xogan un papel determinante, xa que en moitos casos é por onde dan a coñecer novos locais ou restaurantes ademáis de cociñeiros ou chefs. Con relación a isto, a publicidade a través de comentarios ou fotografías compartidas nas redes sociais son un bo escaparate para ofertar o restaurante; normalmente todo o citado anteriormente é difundido por unha ou varias persoas con importancia ou coñecidas socialmente debido a súa traxectoria profesional a cambio de unha remuneración ou compensación económica. En primeiro lugar, creo que nos últimos anos estase a cambiar ou modernizar o camb concepto que ata entón tiñamos da cocina e da gastronomía, e isto débese, como dixen anteriormente, a difusión que se lle está dando á gastronomía. Por outra banda, en canto ao contido e as técnicas empregadas na gastronomía actualmente son completamente distintas as de anos atrás debido principalmente a innovacións técnicas ou tecnolóxicas ademáis do descubrimento de novas fontes de imaxinación.

En conclusión, a gastronomía experimentou grandes cambios e esta viuse axudada pola difusión nos medios de comunicación e nas redes sociais.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt