GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0009

ABAU/2016-2017/CD01/xuño/09

Comisión Delegada01
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A gastronomía forma parte da cultura dun país ou lugar. É un símbolo de identidade que caracteriza a unha sociedade e ós seus costumes. Últimamente alcanzou gran difusión e popularidade grazas a novos hábitos de vida e a programas de televisión moi coñecidos. Por unha parte, referido ás novas formas de vida e de alimentarse, na actualidade a xente xoven, e agora tamén os maiores, coidanse máis para manter un bo físico ou simplemente para posuír unha mellor saúde. Aumentou o número de persoas veganas e vexetarianas pola defensa que agora hai, sobre o mundo animal. Por outra parte, desde hai poucos anos, desenvólvense programas na televisión relacionados coa cociña, os cales posúen gran audiencia por ser, ademáis de didácticos, de entretemento, e por ter persoaxes coñecidos da gastronomía nacional que lle aportan un prestixio. Coas novas tecnoloxías tamén pódense elaborar todo tipo de pratos e recetas grazas á axuda dun video ou dunha aplicación. Pode chegar a ser unha moda pasaxeira pero eu penso que perdurará a importancia e transcendencia da cultura gastronómica na sociedade xa que non se deberían perder nunca as tradicións concretas de cada poboación xa que contribúen ó enriquecemento cultural, nin as ansias de renovación, de superación e de aprender cousas novas.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt