A día de hoxe o consumo está tan presente
nas nosas vidas, que case se pode dicir, que se consome
sen querer. É certo que cando se fala duns comporta
mento, dependerán de cadaquén. Pero a realidade
é que a a maioría da xente é un auténtico
unha consumista de campionato, xa non só
aqueles que consomen por pracer ou pola
ficticia necesidade de produtos. iIncluso
pola estrutura social que foi desaparecendo
sobre todo nas principais cidades e vilas
e que fai imposible, a ser capaz
de conseguir uns obxectos ou unha ali
mentación adecuados para unha vida mo
derna sen acudir os g centros de consumo.
Imaxinemos vivir hoxe en día sen un
coche, parece imposible, pero a realidade e que
en Galicia hai unha parte da poboación
de máis de sesenta ou setenta anos que
nos máis dos casos, consume moitísimo
menos e acude a mercar-los seus alimentos
ou maioría de produtos a uns lugares
os seus lugares de sempre.
Ademáis hai un factor económico moi
importante, é que é imposible para a
meirande parte da xente, queira ou non,
acceder os produtos, máis "sostibles", económi
camente, medioambientalmente, etc,. pola razón
de que estes produtos son de tal prezo ou
nivel.
En definitiva se non queres consumir
por exemplo roupa sospeitosa; Ou te pos a criar
ovellas a e face-la lá por un mesmo ou
xa podes ir preparando a carteira.
Por outra banda están os que si se poden
permitir o consumo excesivo que en teoría, produce
postos de traballo de calidade, é medioambientalmente
respectuoso... pero que os feitos demostran que
non debe de ser así cando o clima e
a contaminación ou a por exemplo non fai
máis que ir a peor, pero xa estariamos
falando doutro debate.
En definitiva, parece que vai a ser que
temos que volver en certa medida ó de antes,
non por ser un "hippie", máis ben
por necesidade.