GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0025

ABAU/2016-2017/CD01/xuño/25

Comisión Delegada01
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Tanto o consumo como a produción son dous factores de grande importancia na sociedade actual.

Nestes dous termos resúmese prácticamente toda a economía: "eu produzo, logo ti consumes os meus produtos para que eu poida producir consumir os seus". E canto máis se produce, máis se gaña, pero tamén máis se consume, xerando unha necesidade de consumo nun principio inexistente. Isto podería ser un dos motivos polos que a sociedade vaise facendo cada vez máis superficial. Tamén pode influír en que haxa máis estrés, xa que os traballadores teñen que facer máis no mesmo tempo que antes, e os consumidores teñen que consumir o que queren, a pesar de que como ben di o texto non afecta a todos igual. Teñen peso. Teñen.

Porén, en lugares como África non teñen tanto peso, xa que ambas son excasas. Pero, a pesar de que a nosa calidade de vida sexa mellor, ¿realmente somos máis felices? O consumo repercute moito no noso día a día, tanto que rara vez pasamos un sen consumir.

Pero todo iso é o que moven os cartos. E falando de importancia, non hai nada máis importante que os cartos. Pero, ¿para que queremos os cartos? ¡Para consumir! E ademais, hoxe por hoxe a maior parte de actividades de ocio ou os pequenos servizos son unha boa estratexia para sacar uns cartos.

Así que é importante consumir, para a maior parte máis que producir, e o seguirá sendo cada vez máis ata que lle demos a súa verdadeira importancia.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt