Hoxe en día, é máis cada vez máis común coñecer a xente
interesada na cociña e na gastronomía, pero trátase
só dunha moda, ou dun cambio xeral na sociedade?
Antigamente, a cociña era unha labor cotiá, que
se levaba a cabo todos os días da forma máis
rápida e eficaz posible, pero nos últimos anos,
quizáis pola influenza dos programas de televisión
gastronómicos, cociñar xa non se considera unha
obriga, considérase un arte.
A apertura de restaurantes premiados pola súa
boa cociña ou dotes culinarios, dirixidos por
chefs profesionais galardonados ou por concursantes dos
xa citados concursos gastronómicos é cada vez
maior.
Estos establecementos revolucionaron a cociña
tradicional, converténdoa nunha cociña innovadora
e minimalista.
Os novos pratos conteñen ao mellor trazos de
cociña de sempre, mais e cambiando por completo
a súa estética, gornicións, presentación...
Entre os consumidores tamén adquiriu certa
popularidade visitar este tipo de establecementos,
xa sexa para comidas ou ceas informais ou
de máis prestixio, pois ao parecer, a
comida e pratos tradicionais xa pasaron de moda.
Hai que ter en conta que as modas cambian, polo
que ao mellor, dentro duns anos, volverá
ser popular cociñar pratos tradicionais. O que
semella ser un cambio cultural duradeiro é o
afán por aprender a cociñar e mellorar na elabo
ración das propias recetas,. pois