GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0056

ABAU/2016-2017/CD02/xuño/31

Comisión Delegada02
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nos nosos días o sistema político económico que predomina a nivel global é o capitalismo. Este modelo estrutura a nosa economía arrestándoa enfocándoa cara a produción e o consumo de bens. Pero, por que debemos consumir e producir para manter este sistema?

Primeiramente, é de cumprida obrigación mencionar que a economía presenta unha forma cíclica, actuando o diñeiro como obxecto de intercambio xa que pechando o circuíto. Así, cando un está gastando outra persoa está gañando.

Por outra banda, se non consumimos non hai unha persoa que gaña e a economía estáncase producíndose unha crise económica. Porén, este sistema capitalista no que estamos inmersos presenta unha gran influencia na sociedade a cal nos "fai" comprar de forma directa ou indirecta, evitando que a economía se estanque.

Deste xeito, poderíamos dicir que o consumo e a produción son moi importantes na nosa vida xa que ademais de reactivar a economía, nos condiciónannos. Así, parece que case todos estamos obrigados a levar roupa de marca e ir a última moda para pertencer a sociedade.

A modo de conclusión, poderíamos sinalar que, aínda que consumir e producir é necesario, non debemos deixar que marquen a nosa forma de vida. Debemos empregar a nosa capacidade de decidir que vale a pena e que non para non deixarse levar.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt