GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0065

ABAU/2016-2017/CD03/xuño/09

Comisión Delegada03
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

En efecto, nos últimos anos a gastronomía acadou moita popularidade, pero é unha moda pasaxeira ou un cambio cultural?

Na miña opinión, este fenómeno está fortemente relacionado coa economía e a saúde. Por unha banda, en tempos de pobreza se produce unha carestía dos alimentos debido ao estancamento da produción. Na actualidade vivimos nun mundo intercomercial, isto é, f non resulta difícil atopar alimentos exóticos, o que nos permite variar o noso menú, facendo a gastronomía máis interesante.

Por outra banda, ao aumentar os nosos estudos, preocupámonos moito máis por comer alimentos san saudábeis.

Sorprendentemente, a boa comida sempre gozou de popularidade... lembrémonos do viño ou o aceite de oliva grego ou dos banquetes medievais. Eu creo que gran parte do noso interese pola economía cociña ten a súa causa nas cores dos alimentos, xa que está demostrado cientíificamente que o home se sinte inclinado polas cores: unha imaxe vale por mil verbas.

A todo isto hai que sumarlle que os medios de comunicación son os que marcan tendencia. Deste modo, coa produción de programas de cociña de maneira continuada, se logra que haxa un maior interese polo tema, en especial se saen figuras de autoridade. Quizais esta popularidade da cociña estea tapando un vacío espiritual xeneralizado.

En conclusión, atrévome a firmar que isto é unha moda transitoria, pois case todo na nosa época carece de profundidade e transcendencia; unha sociedade fundamentada no entretemento e o consumismo vai excesivamente a prisa como para que algo poda perdurar no tempo.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt