Como expón a autora no texto, todos somos consumidores, indepen
dentemente da nosa clase social ou do noso nivel adquisitivo,
todos precisamos consumir. Isto viuse agravado nas últimas
décadas, debido ao progreso tecnolóxico que, en parte, incita a
estar consumindo sempre, asi como a obter beneficio, principio aplicable do utilitarismo.
O problema do consumo surxiu cando, coa coa chegada da tecnoloxía,
chegou tamén a publicidade, e o internet xa que son as publicidade
que temos presente en todos os nosos dispositivos electrónicos e
que pouco a pouco chegaron a vida das persoas e agora son
parte fundamental delas. As estratexias de marketing e publicidade
que tantos tipos de produtos e servizos nos achegan están a
facer estragos na moral humana de maneira tan grave que
hoxe en día ultimamente ninguén pode vivir sen comprar. Hoxe en día unha
tarde de "shopping" coas amigas converteuse nun pasatempo do
máis entretido, un premio do máis apetecible para ese neno
que ten boas notas é un teléfono móbil e o mellor de
festividades como o cumpleanos son os regalos. Istos
son algúns dos tantos exemplos que existen.
Os valores que antes inculcaban os pais, tales como o
respecto, a sinceridade ou o valor da familia quedan
hoxe nun segundo plano, xa que o principal é o bo resultado
académico, que permita aos rapaces estudar, ter un bo traballo e
gañar moito diñeiro para nun futuro gastalo e continuar coa cadea
do consumismo. Este obxectivo que parece fundamental e que
significarán a diferenza entre boa ou mala vida está proxectado
pola sociedade de maneira que pareza o único, pero non é así,
ou é que, un fontaneiro non pode ser tan feliz coma ou máis que un médico?
A sociedade deberíase plantexar esta cuestión e reiterar o erro
que está a cometer e que nun futuro non terá solución. Estamos
a tempo de rematar coa sociedade capitalista e recuperar valores
perdidos que fan máis tanta falta que como é o diñeiro, e que
producen máis satisfacción que un par de sandalias novas.