GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0101

ABAU/2016-2017/CD04/xuño/03

Comisión Delegada03
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Cada ano innóvase máis no ámbito culinario, aparecendo novos pratos de nomes case inpronunciábeis cunha chea de ingredientes. É isto unha moda pasaxeira?

Dende que existe a cociña como tal, os grandes cociñeiros buscan sacar os pratos máis auténticos, máis novos, máis modernos. En certa forma ten sentido, xa que viven diso, da xente que teñan nos seus restaurantes. Este feito, as ansias de innovación culinaria, seguirán e seguirán co paso dos anos, non cabe dúbida.

Fai pouco saíu nos medios de comunicación que un recoñecido cociñeiro español utilizaba as bacterias que aportan a luminiscencia a peixes e medusas nos seus pratos, facendo que o restaurante onde traballa abra ao público a escuras, para que se poida ver o fenómeno luminoso. Parece ser que esta é a última moda, pero como a última moda nunca é a última, non tardarán en sacar un novo truco a un novo prato que deixe á comunidade culinaria coa boca aberta. Pero como a historia se repite, acabarase volvendo aos pratos de sempre, eses que deron de comer a xeracións e xeracións antes de comezar cos menús degustación, onde o prato é máis grande que a ración a comer.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt