GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0111

ABAU/2016-2017/CD04/xuño/13

Comisión Delegada04
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nestas últimas décadas a gastronomía e a cociña gañaron moita popularidade. Na miña opinión, intentamos parecernos ao resto de países modernos. A cociña con nitróxeno líquido, esferificacións con aceite, escumas con sabor a amorodo... Realmente non lle vexo sentido a unha cociña concibida case como un laboratorio químico.

Suponse que a cociña leva tempo e esforzo e non o estamos levando á práctica. Estamos seguindo unha moda sen máis, sen saber a donde nos pode acabar levando e sen pensar nas consecuencias. Dende o meu punto de vista é unha simple moda. Xa será máis duradeira ou menos, pero considero que esta moda ou tendencia debería estar tocando á súa fin .

Algunha das causas disto pode ser o gusto polo moderno, polo escueto e pola fixación nas cousas meramente exteriores.

Quizais, o peor de todo sexa que esta moda a estamos extrapolando ás relacións cos demáis. Ou ao mellor é a propia tendencia a que foi extrapolada da nosa simpleza como individuos que observan o de fora, o que podemos ver e tocar, sin plantexarse que no fondo aínda hai moito máis.

En conclusión, esta moda da cociña moderna non pode estar servindo para contribuir a nada, nin facendonos máis "refinados" nin no padal nin nas sensacións.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra