CORT_0112
ABAU/2016-2017/CD04/xuño/14
Ano de redacción | 2017 |
Curso | 2º de Bacharelato |
Comisión Delegada | 04 |
Convocatoria de exame | Xuño |
Xénero | Argumentativo |
Materia | Lingua e literatura galegas |
Tema | A gastronomía
|
Número de palabras | 228 |
Número de lemas | 123 |
Densidade léxica | 54 |
Número de enunciados | 11 |
Media de palabras por enunciado | 20.73 |
Número de palabras do enunciado máis longo | 37 |
Número de palabras do enunciado máis curto | 3 |
Número de parágrafos | 3 |
Media de enunciados por parágrafo | 3.67 |
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización
A importancia da cociña e da gastronomía aumentou moito
nos últimos anos. As causas son diversas pero, na miña opinión,
ten unha gran importancia o nivel económico existente. Centrémonos
en Galiza. Os anos de posguerra e de franquismo foron anos
de pobreza; a xente comía o que se podía permitir cociñar
na súa casa. Despois, coa recuperación económica, a xente
comezou a frecuentar máis os restaurantes, buscando do
mesmo xeito unha cociña cada vez máis exquisita,
máis selecta. Isto promoveu a apertura de restaurantes
de clase alta, convertindo a cociña nunha marca de
éxito social, de poder adquisitivo.
Os grandes cociñeiros empezaron a gañar prestixio, así como
os críticos gastronómicos. Os pais apoian agora a o
seu fillo se lles di que de maior quere ser cociñeiro;
cousa que anos atrás non ocorría, porque non era unha
forma boa de chegar a obter capital.
É por iso que, na miña opinión, gastronomía e economía
están moito máis ligadas do que pode aparentar nun
primeiro momento. Tendo isto en conta, poderíamos dicir
que o futuro da gastronomía, que sexa simplemente unha
moda ou un cambio cultural vai depender do futuro
económico do país. De todos xeitos, sempre quedará
xente con verdadeira paixón pola cociña, que será quen
de amosala independentemente dos cartos, como as
nosas avoas, grandes cociñeiras a maioría delas a pesar
de hab ter vivido na gran miseria da posguerra.
Lenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descargar vista actual como txt