GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0116

ABAU/2016-2017/CD04/xuño/18

Comisión Delegada04
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A presenza da gastronomía e a cociña na nosa sociedade é algo que cada vez vai adquirindo máis peso, e algo que pouco a pouco vai sendo ben acollido nas xeracións máis novas.

Para comezar, cómpre destacar a relevancia que ten a gastronomía dentro dunha rexión, posto que cumpre un papel de marca de identidade, posto que cada cultura ou rexión contan con distintos e variados tipos de gastronomía. Ao longo dos tempos a devoción pola gastronomía foi aumentando, impulsada en parte polo aumento de mellores cociñeiros así como pola mellora constante da cantidade dos alimentos e dos pratos elaborados.

Por outro lado, a expansión da cociña é brutal, posto que neste aspecto pódese ver unha clara evolución da sociedade: antes, coa cociña identificábanse inmediatamente as mulleres; pero agora no ámbito da cociña podemos atopar mulleres e homes por igual, e incluso nenos.

A cociña para moitas persoas é un divertido pasatempo, así como un modo de expresión. Este factor impulsa por exemplo, á formación de programas televisivos como é por exemplo "Master Chef", así como á existencia de multitude de obradoiros de cociña para todas as idades.

Así, considero que neste ámbito conseguimos chegar ata este punto grazas a unha clara evolución cultural e ao abandono de certos prexuízos.

En definitiva, esta devoción e gusto pola cociña pode que en parte chegase como unha moda, pero sen dúbida non como as outras, porque esta non será unha moda pasaxeira.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra