GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0120

ABAU/2016-2017/CD04/xuño/22

Comisión Delegada04
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Na miña opinión, a gastronomía e a cociña acadaron moita popularidade por dous motivos principais: o aumento da economía e a gran publicidade que os chefs máis destacados tiveron con dito aumento e coa televisión, radio, etc.

Este aumento do interese por este tema dase nos últimos anos, grazas ao aumento económico. Como consecuencia disto, as persoas poden viaxar e cada vez máis lonxe, o que permite coñecer diferentes culturas e tradicións costumes. Ao viaxar, as persoas estranxeiras coñecen os tipos de comida característicos dun lugar.

Outro factor determinante foi a aparición dos chefs máis coñecidos e respetados nos medios de comunicación (televisión, radio, etc) e a súa presenza nas redes sociais. Deste último xeito, os cociñeiros poden chegar á xente nova, xa que a través das súas publicacións, os rapaces e rapazas poden ver o seu traballo.

Cada vez, hai máis xente interesada pola cociña, xa que se poden elaborar unha gran variedade de platos de formas moi distintas. Isto ocorre debido a que, hoxe en día, pódese chegar dun xeito máis directo ás persoas grazas aos medios de comunicación e ás redes sociais.

En conclusión, considero que a gastronomía pasou a ser un cambio cultural duradeiro xa que este interese pódese transmitir de xeración en xeración, o que asegura unha transmisión duradeira.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt