GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0126

ABAU/2016-2017/CD04/xuño/28

Comisión Delegada04
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

É imposible falar do século XXI sen facer referencia algunha ó consumismo ou á produtividade. A nose sociedade está inmersa nun proceso cíclico de produción-consumo, do cal a maioría non somos conscientes.

Deste xeito é o consumo o que marca, en boa parte, a nosa vida cotiá, pois é case inconcebible pasar tres días sen mercar algo, ou mesmo sen ir ó supermercado.

A nosa forma de pensar tamén está marcada por este consumismo que retroalimentamos case sen decatarnos. Canto máis compramos, máis fontes aportamos a un modelo económico que parece engulirnos. Asemade, canto máis mercamos máis queremos mercar, pois aportanos un sentimento aparentemente de felicidade, unha satisfacción que non é tal.

Doutra , participando neste proceso de consumo favorecemos a produción de bens innecesarios, por que mercar o novo modelo de iphone ou a nova gama dun automóbil? Este sistema consumista tamén nos aporta unha falsa liberdade á hora de escoller, dinnos que podemos comprar unha marca ou outra, non obstante, ambas marcas veñen delimitadas por un produtor que nos impón as súas regras.

Como conclusión e citando a Marx a nosa sociedade vese "alienada" por unha serie de bens que determinan non a nosa vida cotiá, senón tamén a nosa ideoloxía.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt