Na sociedade actual, o consumismo está presente no noso
día a día xa que non somos capaces de vivir sen comprar,
o que significa que esta acción está relacionada coa productividade,
polo mercado laboral actual dos nosos días.
Dende mediados do século XX, unha vez pasados os problemas
económicos que tivo o noso país, comezou a implantarse o
sistema que xa había noutros países, o consumismo. Dito
feito significa que non somos capaces de parar de comprar
cousas, cando non son máis que simples caprichos que vemos
tódolos días pola rede e nas tendas, e que eses cartos que
gastamos de máis, despois quitámolos de cousas esenciais
como os produtos básicos.
Pola outra banda, e sempre relacionado está a produtividade, nunha
sociedade na que a xente cada vez ten que traballar máis
horas polo mesmo salario e moitas veces, se ben non cumples
os obxectivos da empresa, quedas sen traballo.
Baixo o meu punto de vista, ámbalas dúas cousas están
relacionadas porque son parte da nosa sociedade. Traballamos
máis para comprar máis cousas e "ser máis felices", xa que
vivimos nunha sociedade materialista na que só teñen en
conta os cartos.
Tendo en conta que a sociedade está cambiando, nun futuro
quizais cambiemo pensemos ben no que estamos facendo,
que non é máis nin menos que malgastar os aforros. Desta
forma o mellor encontramos a verdadeira felicidade,
aquela que nóon só se encontra nos cartos.