CORT_0144
ABAU/2016-2017/CD05/xuño/07
Comisión Delegada | 05 |
Convocatoria de exame | Xuño |
Tema | A gastronomía
|
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización
Nos últimos anos a gastronomía púxose
moito de moda. Os que vivimos en Galicia
coñecemos este fenómeno moi de cerca:
todos os pobos de Galicia están repletos
de bares. "Outra cousa non encontrarás, pero
bares e restaurantes moitos", repite moita
xente galega ou xente que vén de
fóra do país. Pero agora a gastronomía
vése doutra maneira, non a esa boa maneira
de cociñar, ese caldo coas patacas
tan famoso de Galicia, o lacón con grelos...
Agora o que se leva é iso de cociñar
moi rápido (vemos persoas que se baten
en programas televisivos para ver quen
remata antes) e cociñar algo moi simple.
Agora xa non se leva o de facer unha
boa carne ou peixe, lévase o de poñer
nun prato unha pequena mostra de comida
e unha pequena decoración. Con isto o que
se consegue é perder a tradición, sobre todo
a nosa, con tanta variedade; a pesar de que
os novos gastrónomos digan que é unha
renovación ou unha arte.
Na miña opinión, creo que non deberiamos
perder o noso patrimonio, neste caso gastró
nomo.
Lenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descargar vista actual como txt