GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0150

ABAU/2016-2017/CD05/xuño/13

Comisión Delegada05
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A gastronomía e a cociña levan estando presentes na nosa vida dende moito tempo atrás aínda que é agora cando comezaron a gozar de certo recoñecemento e prestixio. As causas que produciron este cambio de mentalidade ou o comezo desta nova moda poden ser a fama que acadaron algúns restaurantes pola acumulación de premios (Estrelas, Tenedores...) e a publi curiosidade da xente por adentrarse nun mundo que lles parecía que non coñecían pero que era algo realmente habitual en todos os fogares, aínda que non se comese comida de deseño. E é que a gastronomía vai moito máis alá da cociña con nitróxeno e de todas esas novidades porque gastronomía tamén é a comida tradicional propia dunha cultura.

Sobre a duración eu penso que vai ser unha moda pero duradeira porque hai moita publicidade detrás e moitos programas de televisión, empresas, e incluso restaurantes, que están gañando moitos cartos grazas a isto e queiramos ou non case sempre que celebramos algo de celebrámolo cunha comida que se vai ver cada vez máis influída polas novas tendencias de vangarda pero mantendo sempre algo da nosa gastronomía tradicional.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt