CORT_0163
ABAU/2016-2017/CD05/xuño/26
Ano de redacción | 2017 |
Curso | 2º de Bacharelato |
Comisión Delegada | 05 |
Convocatoria de exame | Xuño |
Xénero | Argumentativo |
Materia | Lingua e literatura galegas |
Tema | A gastronomía |
Número de palabras | 188 |
Número de lemas | 99 |
Densidade léxica | 53 |
Número de enunciados | 5 |
Media de palabras por enunciado | 37.60 |
Número de palabras do enunciado máis longo | 71 |
Número de palabras do enunciado máis curto | 21 |
Número de parágrafos | 5 |
Media de enunciados por parágrafo | 1 |
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización
A día de hoxe a cociña moderna está gañando cada vez
máis adeptos, dentro dos cales se encontran, por suposto, os
cociñeiros ( que se están volvendo de ouro, xa que a comida
moderna prima a presentación antes que a cantidade, o que
ocasiona que un plato de comida cunha ración que non chega a acadar a sexta parte da cantidade que un adulto
necesita, chege a valer máis de vinte euros.
Dende a miña opinión a cociña moderna é unha estafa
chea de espumas e esferificacións cun contido
nutricional deficiente e que se pode considerar como
xogar coa comida.
Pero, deixando este tema a un lado, sí que creo que a
cociña moderna é unha moda pasaxeira por dúas razóns.
A primeira é que cada vez máis xente opta por ela, o que
elimina o sentimento de privilexio de aqueles que comezaron
a moda, polo que enseguida buscarán outra cousa que os
diferencie e os restaurantes modernos acabarán pechando.
A segunda é que as modas, polo seu propio significado,
veñen e van, o que implica que outra tomará o seu relevo e
voltará a comezar de novo o ciclo.
Lenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descargar vista actual como txt