GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0171

ABAU/2016-2017/CD05/xuño/34

Comisión Delegada05
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Na miña opinión a gastronomía acadou gran popularidade nos últimos anos debido á moda sen embargo, a pesar de comezar como moda, a sociedade cambiou e aceptou o mundo da cociña como algo interesante, digno e desexado.

Tal vez a moda comezou polo desexo de ser diferente e destacar en algo que ós demáis non se lle da ben, tal vez porque os restaurantes conseguiron ver un negocio redondo no que antes parecía unha tontería, tal vez a moda apareceu porque o famoso de turno gustáballe comer en restaurantes carísimos con comida minúscula pero moi bonita e a sociedade imitouno, porque se algo lle gusta á sociedade é imitar ós famosos, ou ben a moda xurdiu porque Disney fixo unha película sobre ratas que en realidade son grandes cociñeiras.

O certo é que o fervor polo mundo da gastronomía xa non é unha moda pasaxeira, é necesario encender a televisión para decatarse do que non hai case ninguna canle sen un programa ou concurso de cociña. Na internet triunfan os blogs gastronómicos, tanto que incluso "Os Simpson" teñen un capítulo dedicado a iso. Os restaurantes son cada vez máis innovadores nos platos que preparan e na forma en que os preparan, o que comezou con facer un prato bonito é agora formas de experimentación como disolucións en tubos de ensaio que misturan sabores na boca.

En conclusión a gastronomía consolidouse na sociedade actual como unha nova forma de arte.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt