GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0180

ABAU/2016-2017/CD05/xuño/43

Comisión Delegada05
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

O capitalismo fundaméntase nun principio básico, que é a competencia. Por outra banda parte da idea de que a menor prezo, maior satisfacción para o consumidor.

O consumismo é esencial no S.XXI, tanto para a sociedade como para a economía. Respaldase: esta tese cos seguintes argumentos:

-En primeiro lugar, creo que os prezos baixos son gusto de case todas as persoas. Isto é un feito, porque de non ser así, o capitalismo non funcionaría. Por moito que tentemos favorecer ás marcas do país, por instinto o noso cerebro sempre buscará opcións máis rentábeis.

-En segundo lugar, apoiome na bioloxía para defender que outro modelo produtivo non tería cabida na nosa raza, xa que xenética e necnoloxicamente outros son case utópicos. É bonito pensar que un sistema de trocos, ou unha economía allea ao capitalismo (agresivo ou non) poida existir. Pero, o certo, é que o ser humano por natureza é xeralmente competitivo. Entón, se comparamos esta competitividade cun sistema de trocos, atopámonos con que os resultados serían nefastos: uns loitarían polo beneficio propio, outros amainaríanse pola súa bondade... E todo isto sen ningún control.

-En terceiro lugar, a produtividade e o consumismo son esenciais para a calidade. Se non hai competencia polos prezos, as prezos tenderán a subir e a calidade do produto... quen o sabe? Tanto podería mellorar como podería estancarse. De todas maneiras, esa posibilidade non se contempla se hai competencia. A loita por mellorar e superarse é fundamental nesta sociedade, e, de feito, este exame é un claro exemplo de intento de superación e persecución de obxectivos.

Conclúo así o texto, reafirmando a miña tese: a productividade e o consumismo é esencial nesta sociedade.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt