GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0184

ABAU/2016-2017/CD05/xuño/47

Comisión Delegada05
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nos tempos de hoxe a necesidade de consumir, propia da natureza humana, vese aumentada ao máximo expoñente. O consumidor desexa todo aquilo que existe, nunha gran cantidade e por moito tempo, pero sempre querendo pagar o mínimo posible. Esta acción de desexar é tan básica como a de producir, máis moitas veces as produccións non son abondo para o consumismo extremo actual. Vivimos nun mundo onde as necesidades básicas están cubertas e polo tanto a nosa mente é libre de desexar o que sexa aínda que non nos serva para nada. Para satisfacer unha poboación que inventa necesidades xamáis vistas, debe existir unha produción flexible e cambiante, capaz de adaptarse a un mundo onde a información sobre produtos novos, e como consecuencia, a envexa por eles, viaxan pola Internet a grandes velocidades.

Esta relación de dependencia do desexo de consumir . ansía cao desexo de beneficio parece non ter fin, e poderse aumentarse ilimitadamente. Máis non. O mundo non é un xogo onde os recursos son eternos para a nosa imaxinación. As nosas actividades veñen determinadas por aquilo que temos e cdo que podemos a dispor. Consumir e producir teñen que igualarse a cero, sen malgastar., pois a felicidade humana non reside na acumulación sistemática de bens. Hoxe consúmese para ser feliz, e prodúcese para logo consumir e porlo tanto ser feliz. Sen dúbida o noso consumir debería ser polo o feito polo que satisfacemos as nosas necesidades básicas (o alimento, o fogar etc) para logo poder estar fortes e ter tempo para buscar o camiño da nosa felicidade. Por outra parte, o producir debería ser un acto de bondade facer para axudar á sociedade. Volveremos a ser humanos, cando consumamos para poder buscala felicidade fóra, e cando poidamos producir sabendo que ca nosa actividade permitiremos ese camiño.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt